Cabrito Imprimir

Un produto único, que grazas á nosa localización xeográfica, permite que sexan seleccionados por persoal da empresa, nas explotacións familiares situadas nas serras máis privilexiadas da comunidade Galega.

Mediante o cal, conséguese ofrecer a todos vostedes, un produto de gran valoración polos padais máis exquisitos cunha relación calidade/prezo excelente.

cabrito A carne de cabrito da que se dispon, corresponde ás especies máis novas do gando caprino, o que se coñece como “cabrito lechal” pola idade e a alimentación do animal, alimentado exclusivamente con leite; é unha carne tenra e saborosa.

A carne de cabrito lechal é tan zumenta grazas ao seu contido en graxa, concretamente un 7% e esta, é moi fácil de eliminar antes ou logo de cociñar, xa que se acumula ao redor das vísceras e debaixo da pel.