Elaborados Imprimir

Vostede poderá gozar dunha ampla variedade de preparados frescos da máxima garantía e calidade, que lle aforrarán tempo na cociña. Elaboramos artesanalmente unha ampla variedade de preparados tradicionais, buscando o sabor de sempre, para o que empregamos as mellores materias primas, combinándoas adecuadamente para obter un produto da máxima calidade.

Todos os elaborados prepáranse no noso obrador debidamente acondicionado, por persoal experto, coidando especialmente as condicións hixiénico sanitarias antes, durante e logo da súa elaboración.

Poderá saborear a mellor carne de tenreira combinada con outros ingredientes, que lle darán un toque distinto e orixinal, destaca o rolo de carne, as hamburguesas, os deliciosos pinchos morunos, toda a familia do embutido fresco, e outros moitos produtos cos que poderá gozar a un prezo moi razoable de pratos cunha relación calidade-prezo inmellorable.

Elaborados propios:

  • Rolo de carne de tenreira e rolo de fiambre.
  • Hamburguesas de tenreira (calidade suprema), e polo.
  • Pinchos morunos de porco.
  • Chourizos criollos.
  • Salchichas.
  • Polo recheo.
  • Croquetas e san jacobos
  •  Lasaña de tenreira e de espinaca.
  • Milanesas de porco.
  • ...
    Elaborados-propios