Home Recetario
Últimas Ofertas - Novidades
30 ANIVERSARIO
07 de Xaneiro de 2014
30 ANIVERSARIO
There are no translations available. Carnicería Ramirás comienza este 2014 celebrando su "30 ANIVERSARIO".  Lo primero es agradecerle a todos...
Dámoslle a benvida a
Conscientes das novas necesidades e esixencias dos nosos clientes, dámoslle a benvida á nosa recente web. Pero o xiro da empresa vai moito máis alá,...
Cocido galego PDF Imprimir Correo-e

Cocido

Ingredientes:
• Para 6-8 persoas:
• Â½ cabeza de porco
• 500 gr. de lacón curado
• 700 gr. de espinazo salgado
• 350 gr. de costela salgada
• 1 rabo salgado
• 1 fuciño salgado
• 2 orellas salgadas
• 2 manitas salgadas
• 2 linguas salgadas
• Â½ kg. de galiña
• 350 gr. de saia de tenreira
• 100 gr. de unto
• 4 chourizos
• 3 chourizos de cebola
• 500 gr. de garavanzos
• 350 gr. de fabas grandes
• 1 ½ kg. de patacas
• 1 kg. de grelos
• auga
• sal

Elaboración:
Catro días antes da cocción, pon o lacón a desalar en auga fría. Cambia a auga cada 24 horas.Dous días antes, lava coidadosamente toda a carne de porco (espinazo, costela, cabeza, rabo, fuciños, orellas e as uñas) e pona a desalar e hidratar tamén en auga fría, cambiando a auga cada 24 horas. Un día antes, pon en remollo os garavanzos e as fabas, cada un no seu recipiente.

O día da cocción, pon ao lume unha cazuela con auga fría e un anaco de unto. Bota o lacón a cocer e ao mesmo tempo, incorpora a cabeza e o resto da carne de porco . Deixa cocer entre 2 horas e 2 horas e media e vaiche espumando durante ese tempo para retirar as impurezas.

Pon outra cazuela ao lume, tamén con auga fría e o outro anaco de unto, bota a carne de tenreira e de galiña e coce aprox. durante unha hora e media. Pon a piques de sae.

Coa parte do caldo onde se coceu o porco e coce no os garavanzos e as fabas e os chourizos. Déixaos cocer durante unha hora. Retira a graxa cun cacillo.

Noutra cazuela, pon a cocer as patacas peladas e enteiras no caldo da galiña (logo de coala), déixaas cocer durante 20 minutos ata que queden tenras. 5 minutos antes de finalizar a cocción engade os grelos. Serve o caldo dos legumes nunha legumbrera; os legumes cos chourizos, nunha fonte; as patacas cos grelos, noutra; e o porco, noutra moi ampla.