Home Servizos Envasado ao baleiro
Últimas Ofertas - Novidades
30 ANIVERSARIO
07 de Xaneiro de 2014
30 ANIVERSARIO
There are no translations available. Carnicería Ramirás comienza este 2014 celebrando su "30 ANIVERSARIO".  Lo primero es agradecerle a todos...
Dámoslle a benvida a
Conscientes das novas necesidades e esixencias dos nosos clientes, dámoslle a benvida á nosa recente web. Pero o xiro da empresa vai moito máis alá,...
Envasado ao baleiro PDF Imprimir Correo-e

 

O envasado ao baleiro é ideal para queixos, embutidos, carnes, legumes, arroz, froitos secos, etc., estes alimentos manterán o seu aspecto de frescura por máis tempo.

Dispomos dunha ampla variedade de surtidos envasados ao baleiro, que se caracterizan pola súa gran "calidade" e preparación totalmente "artesanal" para que así, poida apreciar todos os matices de sabor que lle achegan desde os máis exquisitos ibéricos, ata os máis tradicionais embutidos e xamóns de casa.

Ademais da ampla variedade que lle ofrecemos, vostede pode traer os seus propios alimentos, os seus produtos de tempada e prepararémosllos de forma artesanal á súa medida; os embutidos, xa curados, estarán moito máis tenros e zumentos; traia o seu xamón enteiro e levarao envasado ao baleiro en lonchas ó anacos, como vostede prefira; os seus tan prezados chourizos de casa, non deixe que se lle estraguen, enváseos ao baleiro e gozará do seu sabor como se fose o primeiro día.

 

Vostede dinos o peso que quere nos paquetes e así, cada vez que lle pidan unha ración de xamón, lombo, chourizo, salchichón ou queixo, o único que ten que facer é cortar o paquete envasado ao baleiro e servilo directamentEnvasadorae.

 
-Por que envasar ao baleiro? 
1. Para aforrar: xeralmente os produtos en pequenas cantidades saen máis caros, compre produtos enteiros; aforrará tempo e diñeiro.
2. Para manter a comida fresca durante máis tempo: a comida fresca conxelada envasada ao baleiro, dura de 2 a 4 veces máis do que duraría, se fose posta no conxelador co envasado normal, segundo o tipo de alimento.
3. Para eliminar a queimadura do xeo: esta débese á oxidación e deshidratación dos alimentos conxelados, que perden gran cantidade de vitaminas, nos alimentos envasados ao baleiro nin a oxidación nin a deshidratación poden afectarlle.
4. Para aumentar a duración dos alimentos tamén na despensa: os cereais, a pasta, os legumes, o arroz, o café, a fariña, os froitos secos e os doces de froita durarán máis tempo se se conservan ao baleiro
5. Para a protección de moitas outras cousas e outros alimentos: moitos outros obxectos que necesitan estar protexidos da humidade e da atmosfera contaminada: enváseos e conservaranse como novos.