Home Empresa
Últimas Ofertas - Novidades
30 ANIVERSARIO
07 de Xaneiro de 2014
30 ANIVERSARIO
There are no translations available. Carnicería Ramirás comienza este 2014 celebrando su "30 ANIVERSARIO".  Lo primero es agradecerle a todos...
Dámoslle a benvida a
Conscientes das novas necesidades e esixencias dos nosos clientes, dámoslle a benvida á nosa recente web. Pero o xiro da empresa vai moito máis alá,...
Empresa PDF Imprimir Correo-e

Mostrador1

CARNICERÍA RAMIRÁS é unha empresa familiar especializada no comercio o por menor de produtos cárnicos e derivados. Dende 1983 ofrecemos aos nosos clientes a mellor selección dos produtos cárnicos de toda Galicia, baseándonos nunha calidade excepcional e única dos mesmos. Sempre a mellor. Somos profesionais e esa é a mellor garantía de que os nosos produtos sempre chegarán á súa casa nun estado óptimo de frescura e cunha preparación adaptada a cada un de vostedes.

O trato cos nosos clientes é sempre directo e personalizado. Nós adaptámonos a vostedes e aos seus gustos. O noso obxectivo é crear unha relación duradeira cos nosos clientes e isto só se consegue ofrecendo calidade e servizo. De aí o noso lema: “Calidade e servizo, a nosa mellor garantía”.

Froito do esforzo e ilusión no oficio, Carnicería Ramirás foi modernizando e ampliando as súas instalacións dentro da vila de Celanova, ata conseguir na actualidade un dos establecementos máis modernos e innovadores, na venda de carnes frescas e preparados cárnicos.

A nosa razón de ser, é ofrecer unha gran variedade en carnes exclusivas da máxima calidade. Nos máis de 8 metros de expositor, que preparamos diariamente para Vostede, unha selección de carnes de tenreira, porco e cordeiro, así como unha gran variedade de elaborados cárnicos.

Conscientes das novas necesidades e esixencias dos nosos clientes, recentemente realizouse un cambio de imaxe, pero o xiro da empresa vai moito máis alá, xa que estamos desenvolvendo varios proxectos que teñen un obxectivo común: lograr que os nosos clientes se sintan  exclusivos e plenamente satisfeitos co noso servizo.